Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

  

CLÍNICA DENTAL REBECA OZORES, EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN BOIRENSE DE EMPRESARIOS, CÁRITAS BOIRO E CRUZ VERMELLA BOIRO, PROMOVE UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE NOS NEGOCIOS DE BOIRO.

 

  • A campaña desenvolverase entre 12 de setembro ata o 31 de outubro.
  • O prazo para anotarse os negocios está aberto.
  • Para incentivar a participación sortearanse diversos premios tanto entre os clientes como entre os negocios participantes.

 

Boiro 12 de setembro de 2023

Na mañá de hoxe tivo lugar na sede da ABE a presentación da recollida soidaria de alimentos “DOA UN SORRISO” unha campaña organizada pola Clínica Dental Rebeca Ozores que como indicou a xerente da firma “pretende unir a veciñanza de Boiro arredor dunha causa social e solidaria como a achega de produtos para aqueles sectores da poboación en risco de exclusión, con dificultades económicas e máis vulnerables. Un xesto de solidariedade da sociedade boirense e do Barbanza”

Para incentivar a participación, en cada comercio que colabore na recollida de produtos sortearase un bono de 100€ a gastar en Clínica Dental Rebeca Ozores, que deberá ser utilizado por menores de 18 anos ou maiores de 75 anos (poderá utilizalo a persoa que realiza a doazón se cumpre esta característica ou, de non ser así, entregalo a quen desexe, que se sitúe dentro dese rango de idades).

Na campaña colabora a ABE e como indicou o seu presidente , Daniel García “Sortearase tamén unha noite para dúas persoas nas Cabaniñas do Bosque entre todas as persoas participantes na campaña, e outra entre os comercios que se sumen á mesma. Ademais a ABE cede 2 bonos de 50€ para sortear entre as persoas que colaboren. Este sorteo final realizarase nas instalacións da ABE, entre todas as papeletas participantes de todos os comercios”

A campaña durará dende o 12 de setembro ata o 31 de outubro de 2023. O 7 de novembro realizaranse os dous sorteos, o que terá lugar en cada comercio (bono 100€ da Clínica Dental Rebeca Ozores) e o que se decidirá na sede da ABE (noites nas Cabaniñas e 2 bonos ABE de 50 €). Nesta campaña poderán participar tamén aqueles comercios que non sexan exclusivamente socios da ABE.

 

COMO SE PARTICIPA

Cada negocio interesado en participar, deberá:

Inscribirse como participante a través do enlace que enviará a ABE a todos os seus socios/as vía correo electrónico. No caso de non ser socios/as, serán informados presencialmente da campaña por se é do seu interese, e daráselle acceso ao enlace de inscrición. Se alguén estivese interesado en participar, tamén pode enviar un correo electrónico a info@clinicadentalrebecaozores.es.

Colocar o material que lle será entregado no seu establecemento, nas datas indicadas no momento da recepción: caixa para a recollida de produtos, cartel e adhesivo indicativa do programa, urna e tickets para os sorteos.

Tamén deberá entregar a papeleta do sorteo a cada cliente que participe, unha vez efectuada a colaboración. Todas aquelas persoas que fagan a súa achega teñen dereito a cubrir unha participación co seu nome e teléfono. Esta papeleta será depositada na urna instalada en cada comercio e da que sairá un gañador/a dun bono de 100€ doado por Clínica Dental Rebeca Ozores, por cada establecemento. A maiores, sortearanse os 2 bonos de 50€ doados pola ABE e dúas noite para dúas persoas nas Cabaniñas do Bosque de Outes (unha noite será sorteada entre as persoas que realicen a achega, e outra entre todos os comercios que participen na campaña).

Como indicou a presidenta de Caritas Boiro, Lupe Tubio “Os produtos de alta demanda na actualidade solicitados no caso de Cáritas Boiro son: leite, aceite de oliva, xel de ducha, xampú, deterxente e suavizante de lavadora, e produtos de hixiene feminina. Aínda que tamén se poden aportar outros como: pastas, iogures, arroz, material escolar, etc. Cada semana iremos engadindo produtos nas redes sociais, pero todas as doazóns serán benvidas”

Dende as contas en redes sociais da ABE, iranse publicando regularmente aqueles establecementos participantes no programa acompañados dunha fotografía e animando a toda a veciñanza a colaborar por unha boa causa.

Unha vez pasado o prazo de execución da campaña, pasarase a recoller os produtos (tamén durante o transcurso da mesma) e material promocional, e realizaranse os sorteos pertinentes.

Para finalizar Ricardo López, Vicepresidente de Cruz Vermella quixo “agradecer tanto a Rebeca, ABE e Cáritas o traballo realizado para a posta en marcha desta iniciativa e animo a todos os veciños e comercios a colaborar con ela”

 

 

No acto de presentación da campaña celebrado esta mañá na ABE participaron:

 

Lupe Tubio, Presidenta Cáritas Boiro

Ricardo Lòpez, Vicepresidente Cruz Vermella Boiro

Rebeca Ozores, xerente Clínica Dental Rebeca Ozores

Daniel García, Presidente ABE.